Header Image

RAE, DALAMA and CARBALLIDO

GALICIA

Por primeira vez en Ortigueira, o trío Rae, Dalama & Carballido chega cunha proposta que conxuga virtuosismo e emoción, tradición e frescura. Formado pola escocesa Freya Rae (frauta traveseira, violín e whistles), o compostelán Pablo Dalama (gaitas e whistles) e o carballiñés Migui Carballido (bouzouki e percusións), este trío representa un encontro transnacional arredor das músicas populares de raíz galega e escocesa.

O seu repertorio combina melodías tradicionais con composicións orixinais, interpretadas deixando ver a complicidade forxada entre os tres músicos tras anos compartindo escenarios, sesións e foliadas.

A escocesa Freya Rae, activa no folk británico, achega frauta, violín e un novo proxecto discográfico; o compostelán Pablo Dalama, gaiteiro e multiinstrumentista, destaca polo seu dominio técnico e expresivo; e o carballiñés Migui Carballido, , completa o trío co seu bouzouki e percusións, aportando ritmo e forza escénica a este directo vibrante e contemporáneo.

DOSSIER – RAE, DALAMA AND CARBALLIDO

Anos participación
Festival:
  • 2025
Runas:
  • 2025