Header Image

Susana Seivane

Galicia

Non tardou moito en gañarse a admiración e respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país. Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano e formou parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada.

A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas.

Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

A prestixiosa gaiteira galega volve a Ortigueira despois da súa última actuación no 2016, e presentará o seu derradeiro traballo, FA (2018).

Anos participación
Festival:
  • 2000
  • 2004
  • 2009
  • 2016
  • 2022