Formado no ano 2002 por cinco músicos da Coruña con raíces na música tradicional galega, Tiruleque é un grupo que mestura repertorio tradicional con composicións propias e influencias diversas. Co paso do tempo, o seu son foi evolucionando e enriquecéndose con novos instrumentos, creando unha identidade sonora recoñecible e chea de creatividade. Coñecidos polos seus concertos cheos de enerxía e diversidade, mesturan pandeireta, contrabaixo, muiñeira, cumbia ou saxo. O seu obxectivo é claro: contaxiar entusiasmo e espírito festivo.
Levan máis de 20 anos nos escenarios galegos e estatais, participando en festivais como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas ou o Festival Intercéltico do Morrazo. A nivel internacional, representaron a Galicia nas edicións 41ª e 49ª do Festival Intercéltico de Lorient. Compartiron escenario con artistas como Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Tanxugueiras, Treixadura ou Caamaño & Ameixeiras.
Anos participación
Festival:
- 2025
Runas:
- 2009
- 2014