Header Image

Xochilmica

A edición do 2008 foi o terceiro ano que no que a banda compostelana súbese ao escenario do Festival de Ortigueira, tan só tres anos despois de facerse co certame do Runas 2005.

En 2006, Xochilmica e amigos
Festa popular en estado puro. O quinteto compostelán pecha a noite por excelencia do Festival como gañador do Runas’05, coas súas melodías propias de corte tradicional contaxiosas, sinxelas e moi coidadas. Enganchan alá onde van. O destes mozos, procedentes de formacións como Cantigas e agarimos ou Rumbadeira, é xogar e gañar. Triunfaron no certame folk de Radio Obradoiro- de onde saíu o seu primeiro traballo, Cinco elementos – arrasaron en Ortigueira e despois convertéronse nos primeiros galegos en gañar o concurso Le Terroir de Lorient. Arrrodeados de amigos sobre o escenario repasarán  repertorio e avanzarán algunhas das súas novas melodías.

É  o máis novo dos grupos que competiron no Runas. Nacía en Compostela no 2003, como un cuarteto tradicional (2 gaitas, tambor e bombo); se  ben a formación evolucionou coa entrada tardía do acordeón. Coa súa música, pegadiza e  bailable, fixéronse co

Anos participación
Festival:
  • 2006
  • 2008
Runas:
  • 2005