Header Image

LABORATORIO DE CÁNTIGAS NOVAS 2026

⚠️ Inscrición aberta ata as 23:59 h do 16 de febreiro. Envía nome, apelidos e teléfono a: lab@festivaldeortigueira.com

O Laboratorio de Cántigas Novas é unha actividade do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. O proxecto está dirixido por Ugía Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración coa Escola de Gaitas de Ortigueira.

Ao longo de cinco meses, o laboratorio ofrece un programa único que combina investigación, creación colectiva e individual, xunto con eventos e actividades na comarca. O obxectivo principal é promover a creación de novas cántigas e pezas musicais, resignificando o patrimonio herdado e abrindo diálogos con outros estilos e formas poéticas.

A maiores dun programa completo de aulas creativas, mestrías con artistas e especialistas da música e poesía galega e as sesións de convivencia coa comunidade ortegana a través de foliadas e conversas, este ano o LAB trae estes propósitos: Mestrías enfocadas nos aspectos creativos e novas sesións OFF-LAB con nomes destacados, orientadas a unha experiencia máis especializada en música tradicional, integración das novas participantes co ensemble iniciado en 2025, favorecendo que o colectivo se nutra mutuamente. Incorporamos tamén sesións online para revisión de material e mantemento do vínculo creativo fóra da aula.

ESTRUTURA DO LAB 2026

Para esta segunda edición do Laboratorio de Cántigas Novas, propoñemos un percorrido de febreiro a xullo do 2026, combinando sesións de inmersión completa (mañá + tarde). Tamén, haberá actividades OFF-LAB abertas ao público con relatorios especializados en un novo formato de traballo online para revisión do proceso colectivo.

SESIÓNS CREATIVAS

Co-dirixidas por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, e contando este ano coa incorporación temprana dos músicos e arranxistas Pedro Pascual e Pablo Hernández, estarán centradas no traballo colectivo e individual de creación lírica e composición. Priorizaremos o afianzamento do ensemble nacido en 2025 e o acompañamento ás novas incorporacións. Haberá tempo para a autoría, arranxos harmónicos, exploración de formas tradicionais e contemporáneas, gravación de material documental artístico e preparación do repertorio final.

SESIÓNS ONLINE

Como complemento ás sesións creativas, este ano poremos en marcha as sesións online, que terán como obxectivo revisar o material producido na aula e manter a conexión fóra da mesma, nos meses de sesións únicas.

MESTRÍAS

As mestrías, aulas de formación especializada e guiadas por nomes destacados dentro da cultura e a música galega, irán centradas este ano no aspecto puramente práctico da composición, e foron seleccionadas polas súas capacidades de nutrir o proceso creativo do grupo. Os nomes escollidos para dita labor este ano son: Manolo Rico, Dores Tembrás, Mondra e Sergio de la Ossa. Estas intervencións irán encadradas dentro das xornadas naturais.

ATIVIDADES NA COMUNIDADE

Conversas de valor etnográfico, conxuntamente con foliadas en Devesos e San Claudio, a maiores do uso do espazo libre no Caracas, favorecerán a integración dos participantes coa comunidade ortegana. Asimesmo, en cada xornada doble promoveremos os almorzos colectivos para enriquecer os contactos e favorecer dinámicas e conversas artísticas interpersoais.

OFF-LAB

En datas complementarias aos contidos centrais do LAB, organizaranse sesións de aulas de inscrición aberta ao público xeral, nas que contaremos con Lupe Blanco na regueifa, Fransy González no canto e toque pandeireta ao estilo de Bergantiños ou a percusión miúda con Ramón Dopico. Estes eventos complementan alternativamente os contidos do programa principal, e amplían a comunidade en torno aos procesos creativos do LAB. O acceso realizarase con matrícula de 20€ para o público xeral, sendo gratuítas para os/as participantes do LAB 2026.

PRESENTACIÓN DURANTE O FESTIVAL 2026

Finalmente, o material creado durante os encontros do LAB, presentarase oficialmente e estrearase en directo dentro da programación oficial do Festival de Ortigueira, cun formato de actuación do ensemble, guiados e acompañado por Ugia Pedreira, Óscar Górriz, Pedro Pascual e Pablo Hernández.

INFORMACIÓN BÁSICA

  • Lugar: Escola de Gaitas de Ortigueira. Rúa do Príncipe 55, Ortigueira, A Coruña.
  • Comezo: 21 de febreiro de 2026.
  • Duración: 5 meses (11 sábados).
  • Horarios: Sesións dobres (11:00-19:00) / Sesións de tarde (16:00-20:30).
  • A quen vai dirixido: Maiores de 16 anos (con autorización) e toda persoa adulta interesada na composición lírica e musical ou no emprego artístico da lingua galega.
  • Número de prazas: 25 prazas, por orde de matriculación.
  • Matrícula: 140€.
  • Información e Inscricións: lab@festivaldeortigueira.com
  • Instagram: @lab_cantigas_novas