Ao longo de 5 meses, desenvolveremos un programa completo que integrará coñecementos e prácticas arredor da música de tradición oral, a música contemporánea, harmonías, ritmo e percusión, composición lírica e arranxos musicais, da man dun elenco de artistas e especialistas da música galega e alén.
FEBREIRO: RAÍCES E MEMORIA Estableceremos as bases do grupo e os procesos colectivos e mergullámonos na materia prima: a tradición oral e a memoria.
- 21 de Febreiro | Inicio do LAB / Xornada de Inmersión (Sesión Dobre)
- Presentación oficial e configuración do espazo de traballo.
- Mestría: Ugia Pedreira. Clasificación de cantigas según xeneros, ciclo do ano, temáticas.
- Mestría: Manolo Rico. O corpus literario e musical dos cancioneiros galegos: xéneros e recursos para modificación de cantigas.
- Dinámica: Memoria colectiva e recuperación de vivencias para a creación.
MARZO: A CÁNTIGA CONTEMPORÁNEA Entramos na fase compositiva. Traballamos a lírica, a estrutura da cántiga e as novas narrativas.
- 14 de Marzo | Cantigas Novas (Sesión de Tarde)
- Mestría: Óscar Górriz. Estruturas e recursos para a composición de Cántigas Novas + dinámicas de creación.
- 28 de Marzo | Improvisación e Arquivo (OFF-LAB + Tarde)
- Mañá (OFF-LAB): Lupe Blanco. A Regueifa e a improvisación oral (Aberto a inscricións).
- Mestría: Mondra. Cantigas para un relato de hoxe. Estudo de códigos tendencias, en canto a estilo e forma, para xerar relatos propios.
- Sesión Online de Seguimento: Revisión Online do proceso creativo con Óscar Górriz (Data a convir).
ABRIL: NOVAS MELODÍAS E POESÍA CONTEMPORÁNEA. A música toma corpo. Integramos poesía contemporánea, introducimos a instrumentación, os arranxos e saímos á rúa para conectar coa comunidade.
- 11 de Abril | Pandeireta e Novas Melodías + Foliada (OFF-LAB + Tarde)
- Mañá (OFF-LAB): Fransy González. Canto e Pandeireta ao estilo bergantiñán (Aberto a inscricións).
- Mestría: Sergio de la Ossa. Melodía tradicional. Procesos de variación de ritmos e melodías presentes en cántigas tradicionais e a outras novas.
- NOITE: FOLIADA aberta coa comunidade.
- 25 de Abril | Creación e Poesía Contemporánea (Sesión Dobre)
- Mañá: Dinámicas de creación e composición lírica.
- Mestría: Dores Tembrás. Contido: “A palabra que atravesa”. Achegas creativas arredor do verso libre.
MAIO: INTEGRACIÓN E RITMOS Ampliamos o horizonte sonoro. Traballamos a rítmica e a integración de linguaxes musicais diversas.
- 16 de Maio | Músicas de ida e volta (Sesión Dobre)
- Mestria: Pedro Pascual (I). Introducción á harmonía moderna e tradicional.
- Mestría: Pablo Hernández Mejías (I). Creación desde o Jazz e o Folclore Latinoamericano.
- Dinámicas: Consolidación e fixación de estruturas musicais.
- Sesión Online de Seguimento: Revisión Online do proceso creativo con Óscar Górriz (Data a convir).
XUÑO: ARRANXOS E ENSAMBLAXE O repertorio defínese. O traballo céntrase en pechar as pezas, pulir os detalles e preparar a súa execución.
- 6 de Xuño | Percusión e Arranxos (OFF-LAB + Tarde)
- Mañá (OFF-LAB): Ramón Dopico. Percusión miúda e acompañamento (Aberto a inscricións).
- Tarde: Pedro Pascual (II). Consolidación dos arranxos musicais e ensaio do ensemble.
- Dinámicas: Consolidación compositiva e fixación de estruturas musicais.
- 20 de Xuño | Compilación Final (Sesión de Tarde)
- Dinámica: Compilación final e peche do repertorio.
- NOITE: FOLIADA.
XULLO: ENSAIOS FINAIS E PRESENTACIÓN NO FESTIVAL Prepararemos a mostra no Festival de Ortigueira. Ensaios xerais, montaxe técnica e a estrea diante do público do Festival.
- 4 de Xullo | Dirección Musical (Sesión Dobre)
- Intensivo: Pedro Pascual e Pablo Hernández. Ensaio de bloque, dinámica de directo e axustes finais de son e interpretación.
- 10 de Xullo | Ensaio Xeral
- Mañá/Tarde: Ensaio técnico e xeral con todo o equipo artístico (Pedro Pascual e Pablo Hernández Mejías).
- 11 de Xullo | ESTREA OFICIAL
- Actuación: Concerto de presentación do Ensemble de Cantigas Novas de Ortigueira na programación do Festival de Ortigueira 2026.










