1. Comezaches no mundo da música moi cedo, pero cando te decidiches a dar o salto aos escenarios?

O meu irmán maior e os meus outras irmás xa tocaban música tradicional cando eu nacín, así que sempre estiven rodeada de música tradicional, o cal era unha bendición para min! Empecei estudar música clásica cando tiña ao redor de 9 anos e tomeimo moi en serio. Aos 13 xa sabía que non quería dedicarme a outra cousa que á música. Xa era profesional mentres estaba na escola, e afortunadamente funciono! Polo que podo dicir orgullosa que me encanta o meu traballo.

2. Cales son as referencias musicais que che serviron como fonte de inspiración?

… Hai tantos! Cando era adolescente escoitei milleiros de temas de músicos tradicionais como Tommy Peoples, James Kelly ou Willie Clancy, pero o meu xénero favorito son as bandas de música tradicional irlandesa, así que me encantaba escoitar a bandas como Planxty e The Bothy Band. Doutros países a miña banda favorita é Vasen de Suecia seguida de Flook de UK, e no xénero clásico o meu favorito é o mestre, Itzak Perlman, a quen tiven a sorte de ver actuar en Londres recentemente.

3. Cales son (na túa opinión) os mellores xéneros para fusionar? Cres que os xéneros opostos combinan mellor?

Penso que algúns compositores irlandeses fixeron un traballo impresionante de fusión de xéneros moi diferentes como son a música irlandesa e a clásica. Sexan O Riada quen compuxo Mise Eire, Shaun Davey quen compuxo Ripples In The Rockpool e naturalmente Bill Whelan, quen compuxo Riverdance e The Seville Suite, un impresionante tributo á música de Galicia e Irlanda.

4. Cal é a vosa visión do panorama folk en Europa nos últimos anos?

Sinto que en Irlanda, a tradición está en mans moi seguras cos músicos novos que están a aprender e actuando. Hai tantos realmente marabillosos, virtuosos intérpretes na actualidade e é tan marabillosos poder velos! Tamén existen actualmente tal cantidade de clubs de música folk e festivais ao longo de Europa que permiten crecer á música, e o público tamén enche en maior cantidade os concertos, que estou segura que se abre un gran futuro para a música folk nos próximos anos.

5. O lema do festival deste ano é #OitoNacionsUnhaCultura, adoitas actuar con outros músicos celtas?, e nese caso, que cres que vos une?

Paréceme un slogan realmente brillante! Encántame compartir música tradicional irlandesa con músicos de diferentes países celtas, e sempre atopamos sons comúns e cancións que encaixan facilmente xuntas. Tamén sinto que estes outros músicos celtas comparten un espírito común e personalidade similar á irlandesa, así que sempre é divertido poder oír, aprender e actuar con outros músicos.

6. Que referencias tes sobre música tradicional galega?

Toco uns cantos temas de orixe galego, e mergulleime en rexistros e sesións irlandesas con vínculos coa música tradicional galega a través de Bill Whelan, The International Piping Festival en Armagh e o gaiteiro John Mc Sherry.

7. E finalmente, que pode a audiencia de Ortigueira esperar do voso espectáculo? E ti, que esperas?

Tocaremos unha mestura de cancións e sons de Irlanda, con algunhas das nosas composicións propias e contaremos unhas cantas historias! Traemos intrincados, directos, e frescos arranxos únicos da nosa música que esperamos que vos gusten Galicia!

 

Moitas grazas e vémonos no teatro.

O pracer foi meu. Grazas!

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…