Tes multitude de postos aos que te presentar. Podes completar a túa solicitude de duas formas:
– Se tes certificado dixital, completando unha instancia xeral na que se especifique o obxecto da túa solicitude e achegando fotocopia da tua tarxeta de demandante de emprego a través da tramitación dixital da sede electrónica na seguinte ligazón
– Presencialmente no concello en horario de 9 a 14 h, cubrindo a ficha que ves abaixo (Instancia), achegando xunto a ela unha fotocopia do teu DNI e a túa tarxeta de demandante de emprego.
Non se aceptarán solicitudes que non obren no poder do Concello antes do mércores 3 de xullo ás 14:00 h.
Agardámoste.