1.- No voso disco “Encuentro”, incluís unha muiñeira, así como outros temas de música tradicional celta e folk. Como sentistes esa conexión coas músicas celtas e atlánticas?
Desde moi novos os membros do grupo notamos que existían un tipo de ritmos e melodías que nos atraían máis que outros. Estes presentaban unha característica común e era a súa procedencia das denominadas ´nacións celtas´, algo que pode parecer en principio sorprendente, debido á distancia destes territorios á nosa rexión de orixe. Todo isto non nos cohibiu, senón que pola contra motivounos a traballar máis duro para conseguir os nosos obxectivos musicais.
2.- Cal creedes que é a mellor forma de achegar a música tradicional aos máis novos?
Debe estar presente en centros de ensino, radios, televisións, internet, festas populares?cantas máis canles de difusión mellor. Deste xeito asegurámonos de que polo menos así poida ser escoitada, e que algún mozo decida entón que merece a pena dedicarlle un espazo na lista de reprodución do seu dispositivo dixital.
3.- Creedes que en España, e na vosa terra, Murcia, aínda queda moito por facer con respecto á música tradicional e folk?
Aínda que poden existir diferenzas nalgúns aspectos concretos segundo a zona de España á que nos refiramos, en xeral existe un desinterese por parte das autoridades cara á música tradicional. En ocasións non son capaces de apreciar o tesouro cultural que estas representan e que ata poden ser unha fonte de beneficio económico si son gestionadas de xeito adecuado.
4.- Que representa para vós o lema deste ano do festival, “Oito nacións, unha cultura”?
A música é un pasaporte estupendo para unir os pobos, aínda que estes estean separados xeográficamente.
5.- Finalmente, que pode esperar o público de Ortigueira da vosa actuación? E que esperades vós do público de Ortigueira?
Na nosa actuación atoparán cancións de moi diversas procedencias como: Galicia, Escocia Asturias, Irlanda, a Bretaña francesa e ata cantigas de Alfonso X o Sabio!
Estamos dispostos a deixarnos levar coa enerxía que nos transmitan e que fará que este sexa, sen dúbida, o concerto máis importante da nosa carreira.
Moitas grazas!