ENTREVISTA A GWENDAL

11 Xul 2019

1.-  En que momento vos déchedes conta de que erades un referente dentro do universo celta?

A nosa preocupación nunca foi sentirnos como unha referencia musical, polo que é difícil responder a esta pregunta. Pero certamente cando Gwendal fixo que os músicos (en particular os españois) quixeran crear novos grupos celtas inspirados no noso estilo, démonos conta de que poderíamos ter unha influencia positiva no panorama cultural.

2.- No grupo intégranse diversos estilos musicais procedentes doutras culturas, ademáis da música celta, como é o proceso de mesturar todos estes sons tan diferentes?

Isto vén naturalmente. Dende o  principio, Gwendal estivo composto por músicos de diferentes culturas (jazz clásico…) e varios gustos musicais. A pesar do que parece ser, todas estas músicas non son tan diferentes, hai moitas similitudes nalgunhas melodías e ritmos bretón e cabila, irlandés e galego, clásica ou barroca e música do mundo…

3.- Que representa para vós o lema deste ano, #OitoNaciónsUnhaCultura?  Como credes que se reflicte a unión das nacións celtas neste festival, no reforzo da súa cultura?

Cremos que a gran importancia do festival de Ortigueira é organizar unha reunión de grupos de música de diferentes rexións e países e ofrecer ao público a riqueza do traballo de todos estes músicos unidos pola misma paixón. Por outra parte, persoalmente, non me adhiro aos conceptos nacionalistas e creo que a noción de “peuple celtique” é falsa e un pouco perigosa. Toda Europa foi celta á vez, e dende entón os tempos e as persoas evolucionaron moito, mesturando os seus idiomas coas súas costumes e a súa música: non hai unha cultura celta, senón moitas culturas celtas, algunhas bastante preto (Irlanda e Galicia, por exemplo) pero sen ningún punto en común con outros (Bretaña, por exemplo).

4.- E, finalmente, que pode esperar o público de Ortigueira da vosa actuación? E que esperades vós do público de Ortigueira?

Agardamos gozar sobre todo, e compartir un momento de celebración.

 

 

 

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…