Finalizado o prazo de votación, dáse coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2021 no Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira.
Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos até constituírmonos na murga tradicional que hoxe son.

Ademais da presentación oficial ante a súa xente, teñen realizado varias presentacións e concertos pola península (Euskadi, Burgos, Bierzo, Salamanca, Valladolid…), por Europa (Italia, Portugal, Suíza…) e en abril do 2017 cruzaron o Atlántico para facer unha xira polo RÍO DA PRATA, con varios concertos por Arxentina (Bos Aires e Mar del Plata) e Uruguai (Maldonado e Montevideo).
En decembro de 2015 gravaron o noso primeiro traballo discográfico chamado “VELAÍ VÉN!”, que saíu á luz en abril de 2016 e que presentaron oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano.
Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do seu traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo.
Aínda que son un grupo que fai música de corte tradicional, con gusto pola investigación e recuperación de temas populares recollidos a través da trasmisión oral, que despois expoñen en concerto cunha presencia principalmente instrumental e vocal, aderezan os seus directos cunha pequena mostra de baile tradicional. Son xa máis de 600 concertos nos seus 16 años de camiño, recuperando e mantendo sons e melodías que nos transportan no tempo, que non no espazo, pois a súa raíz é inconfundible.

O Proxecto Runas 2020 bateu todas as marcas de participación nos seus 20 anos de historia, tanto na participación de candidatos (35 bandas) como dos países de orixe, así como de votacións, contabilizándose máis de 110.000 votos de todas partes do mundo a través da web do festival.
Segundo rezan as bases do concurso, para a puntuación final os finalistas determináronse por un sistema de cinco puntuacións. A primeira derivada da votación popular na páxina web do evento, e as outras catro puntuacións proceden dun xurado formado por músicos e profesionais do sector seleccionados polo Concello, que analizaron para o seu veredicto a relación de cada proposta coa filosofía e tradición musical propia do festival, en sintonía con la programación artística do evento de 2021.
XURADO 2020:
Ernesto Campos, músico, compositor e docente no conservatorio Mayeusis de Vigo.
Bruno Lozano, licenciado en música tradicional pola Universidade de Vigo, músico, gaiteiro e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.
Pablo Seoane, gaiteiro, delegado en Galicia do Festival Intercéltico de Lorient.
Alberto Balboa, coordinador do Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira.
Os outros dous finalistas que acompañarán a Faíscas da Pontraga en 2021 no “día Runas” serán comunicados mañá mércores 15 e pasado xoves 16 a través de las redes sociais e na web del festival.
A organización non quere deixar de agradecer as numerosísimas mostras de cariño e o apoio en forma de masiva participación neste concurso virtual, en espera de poder celebralo xuntos en 2021.
Grazas a tod@s por participar!

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…