Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis presentados a concurso, a comunidade de Castela e León con catro bandas que enviaron os seus proxectos. 

Reunido o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas, e a súa relación coa música propia do festival en sintonía coa programación do evento, son 9 bandas seleccionadas en 2021 as que se clasifican para a segunda fase do concurso, na que se dá inicio ás votacións online. Así, desde hoxe luns 5, ata o venres 23 de xullo ás 14 horas, cada persoa que o desexe poderá escoitar a todos eles e votar ata 3 grupos diferentes no apartado que posúe o concurso na páxina web do festival: www.festivaldeortigueira.com/runas.

Do resultado do proceso de votacións online, máis as emitidas polo propio xurado, sairán os tres grupos finalistas que actuarán na edición de 2022, programada para durar máis dunha semana, entre o 10 e o 17 de xullo de 2022. 

Os tres grupos finalistas serán anunciados nos perfís oficiais das redes sociais e na web do festival, a razón dun grupo cada día, o mércores 28, xoves 29 e venres 30 de xullo. Desde a elección dos finalistas ata a celebración do festival, realizarase a promoción dos grupos a través da publicación dos seus temas, entrevistas, vídeos, ou aquel material do que dispoñan ou xeren neste tempo. 

As 9 bandas seleccionadas na presente edición proceden, como vemos a continuación, de 8 comunidades autónomas diferentes, ás que se suma o grupo francés Kelteen, desde a localidade de Fougères.

Adarrots – Euskadi

Darash – Andalucía

Germán Ruíz – Castela e León

Grovy Celtic Band – Estremadura

Kelteen – Francia

Maeloc – Castela a Mancha

Mar del Norte – Castela a Mancha e Madrid

Trikitrí – Galicia

XFanekaes – Comunidade Valenciana

O concurso Runas que vén celebrándose desde o ano 2000, ten por obxectivo a difusión da cultura e música celta a través da promoción dos grupos noveis que se lanzan ao mercado, primando sempre as composicións propias. 
Grazas a tod@ s por participar! máis información na web www.festivaldeortigueira.com

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia as datas de celebración da edición de 2022. O seus oito días de duración, do 10 ao 17 de xullo, convérteno no máis longo dos seus 43 anos de historia.

Xuñ 23, 2021

Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do festival, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O…