Salvador, Juan e Gonzalo levan tan só un ano compartindo escenario, únense como trío por primeira vez nada menos que no Festival Interceltique de Lorient, onde reciben a proposta de actuar cada noite como músicos residentes na carpa de Asturias, facendo un repertorio de versións e músicas tradicionais do arco atlántico. Alí tamén foron finalistas do concurso de grupos de Loïc Raison. Desde entón, comezou a tomar forma este proxecto ap que bautizaron co nome de “Deira”. De orixe bretona, era un antigo reino situado en Inglaterra, no actual York. O termo provería posiblemente da palabra “Deifr”, que significa “aguas”, o de “Daru”, que significa “carballo”.

A experiencia de cada un dos seus músicos procede de grupos cunha clara tendencia folk pero con estilos totalmente diferentes, Stolen Notes, Young Forest, Vrienden. A fusión destes estilos xunto coa formación clásica dos tres, dan como resultado un son único onde predomina un sentimento mutuo: a paixón

Un inesquecible recordo da viaxe que lles cambiou a vida é este “Lorient Reel”.

https://www.youtube.com/watch?v=VU2wD0TxWq8

 

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…