Header Image

LÚNASA

IRLANDA

Lúnasa nace como quinteto en 1997 coa gravación do seu primeiro disco de estudo, unha creación que deu inicio a un prolífico percorrido musical conxunto. Dende os seus comezos, a banda foi aclamada tanto polo público como pola crítica especializada, converténdose rapidamente nun dos proxectos máis destacados da música tradicional irlandesa. O seu primeiro álbum chegou a ser un auténtico éxito de vendas e entrou no top ten de publicacións como Irish Echo nos Estados Unidos.

Tras a súa primeira xira polos escenarios americanos, Lúnasa consolidou a súa reputación internacional, sendo definida como “a banda acústica irlandesa con máis forza”.

A inspiración do grupo bebe das bandas irlandesas dos anos 70, mesturando melodías de vento con instrumentos de maior intensidade sonora e combinando frautas, gaitas e outros instrumentos tradicionais. En Lúnasa conflúen algúns dos músicos máis virtuosos da escena tradicional irlandesa contemporánea.

Anos participación
Festival:
  • 2005
  • 2018
  • 2026