Mallou é unha homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, e nace como consecuencia do amor polas músicas de raíz de Benxamín Vázquez e de Sabela Rey, neta de Xoán.
Neste proxecto se une a música tradicional americana, galega, o blues, soul e country, entre outros, para crear un ambiente íntimo que fuxe das complicacións e convida a quedarse.
O seu repertorio inclúe cancións do ideario galego xunto con composicións propias, inspirándose en referentes como Fran Pérez, Narf, ou Suso Vaamonde.
Anos participación
Festival:
- 2023