Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”.
O grupo mergúllase no universo folk, cuns impecables arranxos baseados nas recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, dalles un carácter único, achegando unha nova sonoridade ao repertorio tradicional.
Anos participación
Festival:
- 2024