Ailá emerxe das máxicas foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas. Consolídase como un dos representantes máis novos do xénero “Tradi”.
En 2025, Ailá participou na FIRA Mediterrània, un dos certames máis influentes nas músicas do mundo das artes de raíz, celebrado en Manresa. Xa en 2026, a formación sumou dúas novas citas de relevo internacional: o Celtic Connections de Glasgow e o Festival Intercéltico de Lorient, volvendo a dous dos escenarios máis emblemáticos para as culturas célticas e afianzando a súa presenza continua no circuíto internacional.
Anos participación
Festival:
- 2024
- 2026