DEIRA!

Salvador, Juan e Gonzalo levan tan só un ano compartindo escenario, únense como trío por primeira vez nada menos que no Festival Interceltique de Lorient, onde reciben a proposta de actuar cada noite como músicos residentes na carpa de Asturias, facendo un repertorio de versións e músicas tradicionais do arco atlántico. Alí tamén foron finalistas do concurso de grupos de Loïc Raison. Desde entón, comezou a tomar forma este proxecto ap que bautizaron co nome de “Deira”. De orixe bretona, era un antigo reino situado en Inglaterra, no actual York. O termo provería posiblemente da palabra “Deifr”, que significa "aguas", o de “Daru”, que significa "carballo".

A experiencia de cada un dos seus músicos procede de grupos cunha clara tendencia folk pero con estilos totalmente diferentes, Stolen Notes, Young Forest, Vrienden. A fusión destes estilos xunto coa formación clásica dos tres, dan como resultado un son único onde predomina un sentimento mutuo: a paixón

Un inesquecible recordo da viaxe que lles cambiou a vida é este “Lorient Reel”.

https://www.youtube.com/watch?v=VU2wD0TxWq8