Header Image

A.C. O FIADEIRO

Desde o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da ACF O Fiadeiro vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros, nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo.

Buscando que esta tradición sexa proxectada a un amplo público, O Fiadeiro ofrece diversos espectáculos nos que transmite, o máis fielmente posible, as melodías, os cantos e os bailes tradicionais da nosa cultura, tentando dotar a cada interpretación dun interesante grao didáctico e vinculando cada unha aos usos e costumes tradicionais do noso pobo, sen renunciar a unha escenografía de gran forza e beleza estética.

Como é norma no traballo da agrupación, o contido do espectáculo está integramente baseado no traballo de campo realizado ao longo de todas as bisbarras galegas polos membros da agrupación desde a súa fundación en 1996. Isto converte a O Fiadeiro e á súa gala “Esta noite hai unha fía: Nas catro esquinas”, nun dos feitos culturais máis salientables do país no tocante á conservación e difusión do noso folclore.

Flickr

Anos participación
Festival:
  • 2019