Header Image

AIRIÑOS DE FENE

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” nace en 1987 e ten como obxectivo primordial a recuperación, transmisión e difusión da nosa música tradicional, usando sempre instrumentos tradicionais.
Ademais da Banda de Gaitas, Airiños de Fene conta cun Grupo de Baile “Cambadela”, dous grupos de Cantareiras “Xerfa” e “Xirifeiras” e un coro de voces mixtas “TradiCoro”. As distintas seccións de Airiños de Fene están dirixidas por Miguel Doval, Chus Niebla e Gisela Sanmartín. Desde a súa fundación, organiza todos os anos unha Xuntanza de Gaiteiros onde os distintos grupos, bandas ou músicos dan a coñecer, o mellor do seu repertorio, así como o intercambio de proxectos e ideas para potenciar as nosas tradicións e darlle pulo ó uso dos nosos instrumentos tradicionais.

Anos participación
Festival:
  • 2018