Header Image

ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE

GALICIA

A Asociación Cultural Donaire naceu na Coruña no ano 2000 co propósito de recuperar, promover e difundir o folclore galego. Dispoñen dunha escola onde se ensinan canto, baile e instrumentos tradicionais como gaita, pandeireta, tamboril, bombo e pandeiras, así como instrumentos de percusión menores.

O grupo está formado por mozas e mozos que, despois de anos na escola, mostran en actuacións a beleza, riqueza e variedade da música e danza popular galega, conservando e difundindo o legado cultural dos seus maiores.

Anos participación
Festival:
  • 2024