Header Image

Capercaillie

Unha fusión perfecta entre o tradicional e o contemporáneo. Os escoceses, vellos coñecidos de Ortigueira, convertéronse nun dos activos de maior peso á hora de devolver a música celta ao escenario mundial. Levan vendidos máis dun millón de discos. A banda, liderada por Donald Shaw e a cantante Karen Matheson, trae ao Festival o seu Choice Language

. Un álbum que funciona e sorprende, se ben non se afasta da estética elegante do grupo. Capercaillie opta por beber doutras culturas e etnias, sen renunciar aos rastros gaélicos dos seus ancestros, como estratexia para dinamitar as fronteiras da world music.

NULL