Header Image

COVAGUEIRA

Galicia

Covagueira é un grupo folk galego que xurde no 2015, no seno da Escola de Gaitas de Ortigueira, tras máis de media vida tocando xuntos por toda a xeografía nacional e parte do estranxeiro.

O grupo foi evolucionando en diferentes formatos, pero sempre mantendo a esencia que o caracteriza dende os seus inicios: a paixón pola música folk.

Non se pode falar dunha traxectoria moi ampla, posto que a formación actual non comeza a sú andadura ata o ano 2019. Neste ano incorpóranse novos instrumentos, xurdindo diferentes ritmos e melodías, nacendo así o son característico de Covagueira.

Dende entón, Covagueira presenta unha intensa posta en escea que non deixa indiferente a ninguén. Cando se apagan as luces e as melodías adquiren todo o protagonismo, o público responde deixándose levar pola música.

Actualmente Covagueira está a traballar no que será o seu primeiro álbum discográfico.

Anos participación
Festival:
  • 2022
  • 2023