Header Image

Electric céilí

Melodías tradicionais irlandesas con acompañamento funky. É o aceno deste sexteto que debuta no Festival Ortigueira e que, sen dúbida, constitúe unha amálgama perfecta entre experiencia e mocidade. Coa experiencia que dá o participar nalgúns dos proxectos máis coñecidos da música tradicional irlandesa como Danú, os Electric ceili saben como enganchar ao público desde o primeiro momento. Dano todo no escenario e contaxian as súas ganas de pasalo ben. Premiados nos “Event industry 2011”, levantarán aos congregados na Alameda coa súa particular fusión de melodías irlandesas con elementos funk e rock.

Anos participación
Festival:
  • 2012