Header Image

FETÉN FETÉN

GALICIA

O dúo Fetén Fetén leva 10 anos no mundo da música creando proxectos tanto tradicionais como novos, resultando nun grupo moi dinámico para nenos e maiores.

Como exemplos temos Fetén Fetén Sinfónico, có que colaboran con orquestras como a OSBU de Burgos ou a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, ou Fetén Fetén Tradicional, un percorrido pola música de raíz da península ibérica con instrumentos insólitos como unha gaita de materiais reciclados ou unha cadeira de cámping.

Con estes proxectos buscan non só achegar a música como vehículo de conexión entre tempos pasados e futuros, a nosa e outras culturas, senón que tamén queren animarnos a ser creativos e tocar con todo aquilo ao noso alcance sen ter que danar o planeta.

Anos participación
Festival:
  • 2023