Four Men and a Dog preséntanse no Festival Folk de Belfast en 1990 cunha aposta de melodías enerxéticas de danzas tradicionais de Irlanda e unha actitude alegre que convidaba ao público a participar bailando e dando palmas.
Tiveron diversas formacións nos seus 30 anos sobre os escenarios. Actualmente, consiste en Gino Lupari, Kevin Doherty, Cathal Hayden, Stephen Hayden e Donal Murphy, quen combina as súas raíces folk con country, blues, polka e incluso rap, entre outros moitos xéneros.
Lanzan seis discos ao mercado: Barking Mad (1991), Shifting Gravel (1993), Doctor A’s Secret Remedies (1995), Long Roads (1996), Maybe Tonight (2002) e Wallop the Spot (2008), dos cales o primeiro foi premiado como Mellor Álbum en 1991 pola revista Folk Roots a primeira vez que un grupo irlandés gañaba este premio.
Anos participación
Festival:
- 2006
- 2023