Header Image

MEC LIR

ILLA DE MAN

Mec Lir aparece na música celta en 2014 ca albume Not an EP, lanzado no Festival Intercéltico de Lorient.

A banda da Illa de Man é coñecida pola súa maneira de tocar rápida e alegre, coa que participan en festivais de todo o mundo e acadan un gran número de visitas nas redes sociais, nas que chegan a acumular 2,5 millóns de visualizacións nun só vídeo.

Coa diversión como obxectivo principal, publican dous sinxelos en 2016, e compoñen e gravan Limewire (2020) durante tres anos, aproveitando a pandemia para facelo algo “realmente especial”. Eles mesmos din que sen os sintetizadores, batería e baixo, Mec Lir ten como núcleo “unhas melodías tradicionais que poden ser aceptadas incluso polo máis tradicional dos músicos de sesión”.

Anos participación
Festival:
  • 2023