Header Image

Os Cempés

Volven a Ortigueira para presentar o álbum – o quinto da banda ferrolana- co que conmemoran as dúas décadas nos escenarios.A banda reinvéntase con este “Tentemozo”, unha grabación na que participa o alumnado da Escola Livre MPG e na que atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Este álbum, co que se unen tras cinco anos de retirada temporal, é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares. O labor de mecenazgo dos seus incondicionales fixo posible este regreso ao grande no que non faltan músicas para bailar, fermosas coplas e as mellores melodías do cancionero popular, arranxadas polo propio grupo. Á formación, con Antón Varela, Serxio Ces e Óscar Fernández á cabeza, súmanse agora o percusionista Ramón Dopico, o saxo Pablo de Lama e Fernando Barroso (bouzouki).

Anos participación
Festival:
  • 1996
  • 2004
  • 2013