Header Image

XABIER DÍAZ

GALICIA

Coruñés de nacemento, Xabier Díaz emprende unha andaina por Galicia recompilando cancións e músicas das mulleres do rural, recollidas logo nos seus discos aos que dá un toque persoal dentro desta tradición.

Con As Catedrais Silenciadas, Xabier pecha a triloxía que crea xunto con Aldufeiras de Salitre cos discos Noró e The Tambourine Man cos que, segundo afirma, non lle quedou aldea de Galicia por visitar.

Xunto con elas, consegue diversos premios, como manterse por tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada no Top of the World da revista Songlines en agosto e ata setembro de 2020, a inclusión do tema Amiga sempre no álbum compilatorio Great Tunes From The World Music Charts Europe, da WMCE, a lista global máis prestixiosa do mundo avalada por críticos de máis de 20 países, ou o Premio Martín Codax en 2020 na categoría de Música Tradicional.

Anos participación
Festival:
  • 2023