Header Image

XISCO FEIJOÓ

GALICIA

Tras 30 anos de experiencia como bailador, coreógrafo, mestre da ETRAD ou recuperador etnográfico, lanza o seu primeiro disco propio, Peixe, acompañado de grandes músicos como Pepe Vaamonde, Aida Tarrío de Tanxugueiras, Rodrigo Romaní de Milladoiro e SonDeSeu, ou Alasdair Fraser, responsable de bandas sonoras como El último mohicano ou Piratas del Caribe.

A súa música vai dende o puramente tradicional, con cancións recuperadas de diversas partes de Galicia cantadas a capela, ata fusións con estilos máis modernos como o rap no sinxelo Quen son eu?, no que se une a García MC de Dios Ke Te Crew para aportar tanto a súa pandeireta como a súa voz.

Xisco Feijoó forma parte de diversos proxectos ligados á tradición galega, como a sección Vai de Baile do Luar como xurado, a ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) como mestre, OFG SonDeSeu como coordinador da sección de canto, entre outros.

Anos participación
Festival:
  • 2023