Header Image

XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA

Galicia

O combo galego que dirixe o prestixioso multiinstrumentista Xosé Lois Romero leva demostrándoo en escenarios desde hai máis de tres anos; sobre todo a partires da publicación dun homónimo debut que servía como revulsivo catalizador para trasladar unha maneira absolutamente salvaxe e tribal de acometer a música tradicional galega: a través de únicamente un coro de voces femininas; e percusións, moitas de elas creadas por eles mesmos, nun exercicio inédito de recodificación dos elementos para facer música.

Agora, Xosé Lois Romero & Aliboria, tras un debut que posicionou ao proxecto como un dos máximos renovadores da música tradicional ibérica (e que, incluso, parte do seu repertorio foi reconstruido polo produtor Baiuca no seu anterior EP, “Misturas”), regresan con “Latexo” (RasoEstudio, 2020), un segundo álbum longo no que manteñen o pulso polo tribal e o ritual á vez que resignifican os códigos da música tradicional galega. Tan preto dos sons de transmisión oral do folclore galego dos últimos dous séculos; como dos sons da África máis tribal e indixenista; o romanticismo harmónico e coral da música sacra; ou incluso esa sensación de poderío que impón a ‘haka’ dos All Blacks de Nueva Zelanda.

Anos participación
Festival:
  • 2022