Header Image

Xosé Manuel Budiño

Unha gaita liberada de tópicos e revestida de vangarda. Xosé Manuel Budiño volvía en 2009 ao Escenario Estrella Galicia co seu álbum máis experimental, Home. Neste traballo discográfico, froito das súas múltiples viaxes por distintos continentes, explora como nunca antes as posibilidades expresivas que posibilitan as novas tecnoloxías. Nel xogan e se integran samples e los instrumentos máis tradicionais de Galicia.

Compositor, intérprete, arranxista e productor. O gaiteiro máis innovador asumiu todos os roles posibles neste disco, no que colaboraron, entre outros, Jacky Molard, Kepa Junkera, Mercedes Peón ou o vocalista Xoel López. Publicouse no 2007 coincidindo co décimo aniversario da saída ao mercado de Paralaia, o seu primeiro disco en solitario.

2006
Cando se cumpría unha década da publicación de Paralaia -o seu  álbum bandeira- o gaitero embárcabase nun novo proxecto –Home– que fusionaría folk e outras sonoridades. Novos territorios por conquistar, tras o éxito de Arredor (2000) e do máis recente Zume de Terra

(2004), no que mestura o tradicional coa electrónica.  Budiño non se arreda. Volvía a Ortigueira, un festival ao que se entrega cada ano, sexa sobre as táboas ou entre o público, e que lle é  propicio. Traía temas clásicos e  anunciaba novidades.

Anteriormente, Xose Manuel Budiño tocara en Ortigueira nos anos 1997, 2000 e 2003.

Anos participación
Festival:
  • 2006
  • 2009