Xurxo Fernandes comeza as súas investigacións sobre a música tradicional con só 14 anos. Dende aquela, o seu amor pola música o leva non só polas aldeas de Galicia durante 20 anos, senón tamén a coñecer a cultura sefardí de oriente en lugares como Estambul, Sofía, Xerusalén ou Atenas.
É creador de diversos proxectos como Radio Cos xunto con Quique Peón, o colectivo Pandeireteiras sen Fronteiros (PAN.SEN.FRON) no que une a tradición galega coa sonoridade de Rumanía, Italia ou India entre outros, Jako el Muzikante, que trae de volta o ambiente dos cafés amán dos anos 20 ou Leivano!, que ven a representar o seu labor de recollida e aprendizaxe en Galicia e o Mediterráneo Oriental un só espectáculo.
En Leivano!, Xurxo presenta doce temas recollidos en lugares tan diversos como Coristanco, Samakov, Tel Viv ou La Mezquita, servíndose da tradición oral galega con arranxos que nos achegan a paisaxes máis lonxanas.
Anos participación
Festival:
- 2023