Malia que sexas un gran coñecedor de Ortigueira nunca está de máis que lle botes un ollo a estes consellos. O que sempre quixeches saber sobre o Festival e non tiñas a quen preguntarlle…
Teléfonos de interese
-
- Concello: 981 400 000
- Centro de recepción de visitantes: 981 42 20 89
- Centro de Saúde: 981 401 076 / 981 401 051
- Policía Local: 696 446 863/64
- Arriva Autobuses: 902 277 482
- Feve Ferrol: 981 370 401
- Feve Ortigueira: 981 422 201
- Protección Civil: 696 446 870
- Urxencias: 061
- Garda Civil: 062
- Garda Civil Concello: 981 400 021
Saúde e emerxencias
- Atención médica
No centro da vila está situado o novo Centro de Saúde, no que te atenderán se tes algún problema durante as 24 horas do día.
Varios grupos de Protección Civil encargaranse do mesmo cometido na zona de acampada. Contacta con eles se te atopas mal ou algún compañeiro está en apuros.Emerxencias
Se a cousa vai a maiores, hai ambulancias preparadas para baixar rapidamente ao campamento. En caso de emerxencia os sanitarios non perden tempo. Non o perdas ti tampouco, están para axudar…Problemas de saúde
Se tes algún problema de saúde ou debes tomar medicación non a deixes na casa. Infórmate de posibles incompatibilidades co consumo de alcohol.
Se es alérxico/a a algún medicamento leva contigo as placas que o advirtan. No seu defecto, pono en coñecemento dos teus amigos/as.Farmacias
A vila dispón de catro farmacias. Atoparás dúas na estrada xeral -números 52 e 68-, unha na rúa Francisco Santiago, 35 e outra última na rúa Eusebio Dávila, 3.Sentidiño…
Se chegaches ata aquí, é para pasalo ben. Durme -e deixa durmir- aínda que só sexan unhas horas ao día, come ben e bebe auga de cando en cando para evitar unha posible deshidratación.
Por descontado, non collas o coche se bebiches ou se estás canso/a. Agarda un pouco ou queda a durmir. As présas non son boas.
Limpeza e medio ambiente
- Lume
Prender cacharelas no piñeiral resulta moi perigoso a estas alturas do ano. O lume podería propagarse rapidamente provocando graves danos e poñendo en perigo aos teus veciños. Se tes intención de cociñar, emprega as grellas que hai para iso. Sempre que fagas lume asegúrate ao marchar de que está completamente apagado, bótalle auga se é necesario.Lixo
Durante o Festival milleiros de persoas acampan xunto á praia de Morouzos. Procura que o lugar onde montaches a túa tenda quede tan limpo como cando chegaches. Atoparás colectores de recollida selectiva e papeleiras por toda a área de acampada. Se están cheos, garda o lixo nunha bolsa plástica e déixaa pechada a carón dos colectores. O persoal municipal de limpeza dará conta dela.Materiais contaminantes
As cousas máis pequenas poden ser as máis nocivas. Evita que che queden plásticos, pilas, vidro ou cabichas. Estas últimas poden tardar ata sete anos en biodegradarse. Se recolles as túas non as atoparás o vindeiro ano…Respecta o ecosistema
O feito de que poidas acampar nun lugar privilexiado implica certos coidados. Procura danar o menos posible a zona na que sitúes a túa tenda. Para iso non fagas furados no chan, arrinques plantas nin fendas as pólas das árbores que están ao teu arredor. Non accedas con coches ou motos ata o piñeiral, especialmente ata a área de dunas.
Liando o petate…
- A maleta
Non se trata de que traias a casa ás costas. Mete na mochila o que consideres imprescindible para pasar uns días inesquecibles. Se ves de acampada lembra que ao peso da bolsa deberás engadirlle o da tenda, os sacos…A túa roupa
Imposible adiviñar o tempo que irá con antelación. Aínda así, mete na mochila roupa e calzado cómodos, e unha prenda de abrigo para as noites. Tampouco estará de máis un chuvasqueiro, polo que poida pasar.
Xunto a acampada agárdate a impresionante praia de Morouzos, así que agradecerás ter collido a toalla e o traxe de baño.Comida
O que estimes necesario. Ten en conta que na vila atoparás supermercados e tendas de alimentación, así como establecementos hostaleiros.
Na zona de acampada tamén haberá carpas nas que adquirir bebidas, bocadillos, etc.Documentación
Trae contigo o DNI. Se ves sobre rodas non esquezas o carné de conducir e os papeis do coche. Ademais é recomendable que traias cartos e/ou tarxetas de crédito. Leva estes documentos sempre contigo, preferiblemente nos petos e non en mochilas ou bolsos.Hixiene
Parece unha evidencia, pero máis de un levaría un desgusto polo descoido… Trae papel hixiénico, xabón, cepillo e pasta de dentes, compresas, tampóns, preservativos… e unha toalla!
Se xa é demasiado tarde non te preocupes. Poderás mercar o que necesites nas tendas e supermercados da vila.Protector solar
Independentemente de cal sexa a cor da túa pel, tráete un protector solar. Non che resultará agradable pasar toda a acampada sen saír da tenda porque o primeiro día quedaches como un caranguexo. Se tes tendencia a queimarte, mete tamén na bolsa un protector solar.
Na praia
- Vixilancia e socorrismo
A praia está vixiada por persoal cualificado do Concello. Cando chegues fíxate no emprazamento dos postos de socorrismo e respecta en todo momento a bandeira. Non te bañes se está vermella e extrema a precaución se a atopas amarela.Limpeza
Non deixes lixo nin cabichas no areal. Deposítao nas papeleiras ou lévao contigo para tiralo nun colector.Sol
Aínda que a noite fose moi longa, coidado con quedar durmido na praia. O mesmo levas unha sorpresa desagradable cando espertes.
Cando tomes o sol aplícate protección solar e bebe auga para evitar insolacións.Cortes de dixestión
Ollo con eles. Os seus síntomas son a perda de coñecemento e os ataques cardíacos, nos casos máis graves. Non te metas na auga bruscamente, sobre todo se vés de xantar e vai moita calor.Obxectos de valor
Non deixes obxectos de valor na toalla cando te bañes ou vaias dar unha volta. Evitarás posibles “tentacións”…
Outros consellos de interese
- Comunicacións
Se vas quedar con alguén na zona de acampada, non dependas unicamente do teu móbil. Malia que durante o Festival se colocarán antenas de reforzo, a masificación da zona pode provocar problemas na rede.Podes atopar teléfonos públicos en varios puntos da Vila.
Onde estamos?
Unha vez instalado/a, asegúrate de saber localizar a túa base de operacións antes de abandonala. Aínda que non o creas, pode que dentro de media hora atopes cen tendas idénticas á túa na zona que acabas de elixir para acampar…Obxectos perdidos
Os obxectos perdidos depositaranse no cuartel da Garda Civil, situado no paseo de Barro Soto. Se perdes, sorte. Se atopas, sé solidario e pensa en que podería terche pasado a ti.Caixeiros automáticos
En Ortigueira atoparás caixeiros automáticos de Servired -BBVA e La Caixa-, a Red 6000 -Caixa Galicia- e 4B -Banesto e Banco Pastor-.Merchandising oficial
Poderás adquirilo no Punto de información e venda situado na entrada da Feira de Artesanía e nas inmediacións da estación de FEVE. Leva contigo o Festival!Taxis
A parada na marquesiña da estación de autobuses, nas inmediacións da estación de FEVE. Podes chamalos ao teléfono 981 400 869.