Header Image

Programación 2018

PROGRAMACIÓN XULLO 2018

INAUGURACIÓN: XOVES 12 DE XULLO

  • 20.00 h – PRAZA DE ISABEL II

Presentación do Festival na Praza do Concello con presenza de patrocinadores e artistas,

Actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira, The National Youth Pipe Band of Scotland, e a Banda de Gaitas de Villaviciosa (Asturias)

Despois da presentación das autorizades e patrocinadores, a Escola interpretará o himno galego, e procederase ao izado das bandeiras das nacións celtas.

Posteriormente as bandas dirixiranse a Alameda, onde a National Youth Pipe Band of Scotland dará un pequeno concerto para o publico asistente.

A partir das 22 horas comezarán as actuacións no escenario Estrella Galicia.

 

ACTUACIÓNS NO ESCENARIO ESTRELLA GALICIA

XOVES 12 DE XULLO

  • 22 h FINALISTAS PROXECTO RUNAS
    • 22 h BRUMAFOLK – Cantabria
    • 23 h THE TAVERNERS – Castela e León
    • 00 h BELTAINE – Polonia
  • 01 h ÍMAR – Escocia / Gales

VENRES 13 DE XULLO

  • 22 h ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA – Galicia
  • 23:30 h THE NATIONAL YOUTH PIPE BAND OF SCOTLAND – Escocia
  • 01 h KILA – Irlanda
  • 02:30 h RUBÉN ALBA – Asturias

SÁBADO 14 DE XULLO

  • 22 h OS D’ABAIXO – Galicia
  • 23:30 h MILLADOIRO – Galicia
  • 01 h YVES LAMBERT PROJECT – Canadá
  • 02:30 h GABRIEL G DIGES – Irlanda

DOMINGO 15 DE XULLO

  • 22 h AIRIÑOS DE FENE – Galicia
  • 23.30 h LÚNASA – Irlanda
  • 01 h THE CELTIC SOCIAL CLUB – Bretaña

 

CONCURSO DE NOVOS VALORES DA MÚSICA FOLK PROXECTO RUNAS.

Este concurso internacional no que participan grupos de procedencia nacional e internacional lévase convocando desde o ano 2000. Máis de 100 bandas de diferente procedencia pasaron xa por este concurso.

Beltaine, de Polonia, The Taverners, de Castela León, e Brumafolk, de Cantabria, son os FINALISTAS de 2018. Actuarán en Ortigueira o 12 de xullo. Cada grupo percibirá ademais 1.500 € e terá a posibilidade de actuar en 2019.

 

XOVES 12 DE XULLO

  • 22 h FINALISTAS PROXECTO RUNAS
    • 22 h BRUMAFOLK – Cantabria
    • 23 h THE TAVERNERS – Castela e León
    • 00 h BELTAINE – Polonia

 

BANDAS DE GAITAS E ACTIVIDADES MUSICAIS A PÉ DE RÚA

Unha das características do Festival de Ortigueira é a participación de centos de gaiteiros e músicos a través das diferentes agrupacións de bandas de gaitas que acoden cada edición. Nesta edición:

  • Escola de Gaitas de Ortigueira – Galicia
  • Banda de Gaites de Villaviciosa – Asturias
  • The National Youth Pipe Band – Escocia
  • Banda de Gaitas Arume de Malvas – Galicia
  • Agrupación Tradicional Airiños de Fene – Galicia
  • Banda de Gaitas Ximiela – Galicia
  • Banda de Gaitas Dambara de Burela – Galicia
  • Grupo de Gaitas de Ladrido – Galicia

As diversas actividades que desenvolverán as Bandas de Gaitas son:

VENRES 13 DE XULLO

12.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas de Villaviciosa.
Percorrido: Avd Escola de Gaitas (Gadis) – Avd As Pontes – Alameda.

13 h. Pasacalles: The National Youth Pipe Band
Percorrido: Biblioteca – R/ X. Buíde – R/ Eugenio Lopez – R/Fco Santiago – Cantón – Alameda.

18.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas Ximiela.
Percorrido: Biblioteca – R/Xose Buide – Avd Escola de Gaitas – Avd Cuba – Cantón.

19.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas Arume de Malvas
Percorrido: R/ Magdalena -R/Carmen- Cantón – Alameda.

 

SÁBADO 14 DE XULLO

12.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas Ximiela.
Percorrido: Avd. Escola de Gaitas (Gadis) – Avd. As Pontes – Alameda

13.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas Arume de Malvas
Percorrido: Biblioteca – R/Xose Buide – Avd Penela.

18.30 h. Pasacalles: The National Youth Pipe Band
Percorrido: Biblioteca – R/Xose Buide – R/Eugenio Lopez – R/ Fco Santiago – Canton- Alameda.

19.30 h. Pasacalles: Banda de Gaitas de Villaviciosa.
Percorrido: Biblioteca – R/Xose Buide – Avd Escola de Gaitas – Avd Cuba – Cantón.

 

DOMINGO 15 DE XULLO

11.30 h. DESFILE DE BANDAS DAS NACIÓNS CELTAS

Percorrido: Alameda – Avd. As Pontes. Avd. Escola de Gaitas (Gadis) – Avd. Escola de Gaitas – Cruce da Praia (A Perla)- R/Xose Buide – R/Fco Santiago – Cantón.

As bandas que desfilarán facendo o seu percorrido polas rúas do casco urbano de Ortigueira son:

  • Escola de Gaitas de Ortigueira – Galicia
  • Banda de Gaitas Arume de Malvas – Galicia
  • Agrupación Tradicional Airiños de Fene – Galicia
  • Banda de Gaitas San Pantaleón. – Galicia.
  • Banda de Gaites de Villaviciosa – Asturias
  • Banda de Gaitas Ximiela – Galicia.
  • Banda de Gaitas Dambara de Burela – Galicia.
  • The National Youth Pipe Band – Escocia.

18.h. PRAZA DO CONCELLO.
Actuación do Grupo de Gaitas de Ladrido.

19 h.- PRAZA DO CONCELLO
Actuación da Banda de Gaitas San Pantaleón.

 

OUTRAS ACTIVIDADES

OBRADOIROS

Outra das actividades propias do Festival é o desenvolvemento de obradoiros especializados de música e/ou relacionados con ela. Sempre se desenvolven na semana do Festival.

Este ano os obradoiros que se convocan son:

  • Iniciación a Zanfona
  • Iniciación o Bodhran
  • Iniciación al Tin Whistle y al Low whistle.
  • Baile galego.
  • 3º obradoiro de fotografía na rúa, con Xulio Villarino

OBRADOIRO: INICIACIÓN Á ZANFONA .

Sábado 14 xullo
Grupo 1.- 10-14 horas
Grupo 2.- 16-20 horas.
Lugar: Instituto de Ortigueira
Prezo: 10 euros.

Un ano máis, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará co obradoiro de iniciación á zanfona impartido por Oscar Fernández.

O obradoiro consistirá nunha introdución ao instrumento, do que non é necesario dispor, na que se verá como funciona a zanfona, as súas partes, afinación, melodías sinxelas, en grupo, cantares de cego…

Impartirase o sábado 14 de xullo e haberá dous grupos, un pola mañá, de 10:00 a 14:00, e outro pola tarde, de 16:00 a 20:00.

Disponse de suficientes zanfonas

En canto ao docente, Oscar Fernández leva impartindo aulas regulares en Narón, Santiago de Compostela e A Coruña dende o 2001, así como cursos en Galicia, Alicante, Barcelona, Gannat (Francia) e Narol (Polonia). Por outra parte, tamén participou en varias producións como zanfonista, arranxista e compositor.

As prazas son limitadas, 18 prazas en total, que irán cubríndose por orde de inscrición, a cal realízase por mail en obradoiros.festival@concellodeortigueira.com

O Custo do curso son de 10 euros.

 

CURSO DE TIN WHISTLE Y LOW WHISTLE.

Venres 13 e sábado 14 de xullo
Horario: de 10 a 13 horas y de 17 a 20 horas.
Lugar: Instituto.
Prezo: 10 euros

Tratase de unha aproximación a este instrumento de vento, con todas a súas variantes.

Requisitos previos: coñecementos, técnica e experiencia básica co instrumento ou similar (gaita, frauta etc.)

Instrumento propio: tin whistle o low whistle afinado en Re( si é posible).

Máximo de alumnos: 12-15

Contidos del curso:

-Técnica de execución e respiración.

-Articulación e ornamentación.

-Repertorio e estilos.

-introdución a variación

-Diferencias entre tin whistle e low whistle: colocación, respiración e acentuación.

-O whistle en directo: como amplificar e ecualizar o instrumento.

-O whistle na sesión: como elixir, enlazar temas por tonalidade e estilo, maneiras básicas de convivencia nunha sesión.

Impartido por Fausto Escrigas, músico.

As prazas son limitadas e irán cubríndose por orde de inscrición, a cal realízase por mail en obradoiros.festival@concellodeortigueira.com.

O custo do curso son 10 euros.

 

CURSO DE BODHRAN.

Venres 13 e sábado 14 de xullo
Horario: de 10 a 13 horas y de 17 a 20 horas.
Lugar: Instituto.
Prezo: 10 euros

Tratase da introdución a este instrumento tradicional.

Contido do curso:

Breve introdución o instrumento.

– Suxeición do bodhran e do tipper.

– Localización dos diferentes sons no instrumento.

– Coordinación das mans. –

Exercicios e ritmos básicos.

– Ampliación de patróns rítmicos.

– Diferentes estilos de acompañamento.

E aconsellable dispor de instrumento propio e coñecementos básicos do mesmo.

Disporase de algúns instrumentos para o curso.

Curso impartido por Pablo Vergara, músico.

O número máximo de alumnos é de 12.

As prazas son limitadas e irán cubríndose por orde de inscrición, a cal realízase por mail en obradoiros.festival@concellodeortigueira.com.

 

CURSO DE BAILE GALEGO.

Sábado 14 de xullo.
Horario: de 16 a 20 horas.
Lugar: Instituto.
Gratuito.

Impartido por membros da Agrupación Gamelas e Anduriñas.

Contido do curso

Nocións básicas de baile tradicional galego.

Tipos de baile e variacións de estilo.

Este curso é gratuíto.

As prazas son limitadas e irán cubríndose por orde de inscrición, a cal realízase por mail en obradoiros.festival@concellodeortigueira.com.

 

CURSO DE FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL.

A Asociación cultural GALIOART desenvolverá por terceiro ano consecutivo o obradoiro de fotografía documental de rúa, coincidindo co 40 aniversario do Festival Internacional do Mundo Celta.

O obxecto é documentar o evento dende un punto de vista singular. Ademais, este ano 2018 contarase coa participación do fotógrafo docente Xulio Villarino, quen trasladará a súa visión aos participantes do obradoiro.

O curso impartirase dende a tarde do venres 13 de xullo ata o domingo 15 e conta cun límite máximo de 15 participantes. Por outra banda, o prezo por alumno é de 110€.

Para máis información e inscricións en galioart.fotografia@gmail.com ou 652 65 93 87.

EXPOSICIÓNS

Deséñanse sempre dúas exposicións de diferente temática: unha para o claustro do Concello e outra para o Centro de Recepción, no porto.

Unha delas é de fotografías relacionadas co Festival e a outra exposición é dos carteis do Festival desde 1978.

O horario das exposicións é de 12 a 20 h.

ACTIVIDADES NO TEATRO

Este ano presentamos dous documentais de primeira liña:

VENRES 13 DE XULLO.- 18.00 horas.

– “De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978)”.

Un documental de Casa de Tolos, guionizado polo musico Antón Seoane, membro fundador de Milladoiro e coñecedor do Festival desde seus orixes e dirixido por S. Grandío e o mesmo Antón Seoane. Contará coa súa presenza no Teatro.
O contido e a referencia a historia da musica de Galicia no período 1973 – 1978, que deu lugar ao nacemento da música folk en Galicia.
Un documento único dos orixes desa época e do Festival de Ortigueira.

Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
Venres 13 de xullo.- 18.00 horas.
O documental ten unha duración de dúas horas.
Entrada libre con aforo limitado.

 

SÁBADO 14 DE XULLO.- 20.00 horas.

– “Festival de Ortigueira: 40 anos de ilusión”

Un documental, encargo do Concello, para describir a historia do Festival desde seus orixes, con entrevista a antigos alcaldes, publico en xeral, organizadores do Festival, músicos………..
un documento único en estrea mundial….
realizado por Casa de Tolos para o Concello de Ortigueira e patrocinado por Gadis.
Coa presenza de protagonistas e invitados.
Unha aproximación aos orixes, evolución e actualidade do Festival…

Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
14 de xullo.- 20.00 horas.
O documental ten unha duración dunha hora.
Entrada libre con aforo limitado.

 

DOMINGO 15 DE XULLO. 17.00 horas

PROGRAMA EN DIRECTO DA RADIO GALEGA LUME NA PALLEIRA.
Dirixido por Emilio Españadero.
Con entrevistas, actuacións e comentarios en xeral do Festival e dos artistas participantes.
Entrada libre con aforo limitado,

 

DOMINGO 15 XULLO.- 20 HORAS.

DOCUMENTAL.- – “Festival de Ortigueira: 40 anos de ilusión”
segundo pase.

 

CONCERTO NA IGREXA

SÁBADO 14 DE XULLO. 18 horas

Ernesto e Marcos Campos
Obradoiro de Herdanzas

Cunha colaboración especial do mestre Ernesto Campos, presentase no Festival un novo proxecto musical onde se mesturan a gaita cos instrumentos de corda e vento.
O concerto que propoñen Ernesto e Marcos campos na igrexa de Ortigueira ten como título “Obradoiro de Herdanzas” xa que a música que soará, -na súa maioría- forma parte do patrimonio da cultura galega, sexa ou non de autor. Daí que esas herdanzas pasen polo obradoiro de Ernesto Campos, que é o encargado, ademais de interpretalas, de recrealas cunha armonización que -sen que perdan a súa esencia- achegalas máis ao eido da música de cámara.
Para levar este proxecto a cabo, o dúo contará coa colaboración de xóvenes músicos de sobrada solvencia, que darán cor ao proxecto cos seus instrumentos: clarinete, acordeón, arpa, guitarra e baixo.

  • Helena Lamosa (Arpa e Gaita)
  • Xeila Martínez  (Clarinete e Gaita)
  • Alexandre González (Acordeón)
  • Guillermo Guerrero (Guitarra clásica)
  • Juan Alonso (Baixo)

Igrexa de Santa Marta
Sábado 14 de xullo.
18 horas.
Entrada libre con aforo limitado.

 

FEIRA ARTESANÍA

Funciona durante todos os días do Festival.
Artesáns de toda España acoden cada ano a Ortigueira a expoñer e vender os seus produtos artesanais.
Xoves 12 de xullo ás 17 h ata madrugada do domingo 15 de xullo.
O horario é de 12 a 02 h, todos os días.

 

RECOMENDACIÓNS E INFO PRÁCTICA

zona de lecer e acampada.

Na zona de Morouzos encontrase a zona de acampada e de lecer do Festival. Está dotada de duchas e aseos e dispón de zona de restauración.
A ZONA DE ACAMPADA É EXCLUSIVAMENTE A ZONA DO EUCALIPTAL, e está sinalada.
Dispón de transporte urbano desde o casco urbano ao prezo de 1 euro/traxecto.
O resto de zona dunar e piñeiral está protexida e non se pode acampar. Existen carteis indicadores.

 

aparcadoiros vixiados

Situados na entrada do casco urbano na zona de Barbos, dirección Espasante, e dispón de vixilancia durante 24 horas.
A taxa por aparcar a moto, coche, caravana ou bus, de un soo pago e por unha soa vez é:

Dia de entrada

Motos – coches

Caravanas e similares

Buses

Mércores, xoves e venres

15 €

30 €

45 €

Sábado

10 €

20 €

30 €

Domingo

Sen cargo

Sen cargo

Sen cargo

Ten dispoñible o servizo de buses urbanos, que acercan aos usuarios ata a zona de acampada o ata o casco urbano por un prezo de 1 euro por traxecto, cun unha frecuencia máxima dunha hora.
Os buses comezan o servizo o xoves 12 as 15 horas.
Ante os problemas de espazo para aparcamento , recomendase o seu uso
Comeza a funcionar o mércores 11 de xullo as 20 horas.

 

liña de buses urbanos

Funcionan dende o xoves 12 as 15 horas ata o domingo 15 as 03 horas, con frecuencias cada hora, en horario de 10.30 ata as 6 da madrugada, ininterrompido.
As paradas están no – aparcamento de Barbos.
– fronte a estación de Feve
– na rotonda da praia.

O prezo é dun euro por viaxe.

Servizo:

  • Xoves      12/07 – Servicio continuo dende as 15:00 horas ata as 06:00
  • Venres    13/07 – Servicio continuo dende as 10:30 horas ata as 06:00
  • Sábado    14/07 – Servicio continuo dende as 10:30 horas ata as 06:00
  • Domingo 15/07 – Servicio continuo dende as 10:30 horas ata as 03:00

Horarios autobuses ARRIVA

Horarios A ORTIGUEIRA
Venres 13 xullo
LUGO – ORTIGUEIRA __________ 15 h
SANTIAGO – ORTIGUEIRA _____  15 h
A CORUÑA – ORTIGUEIRA _____ 15 h
FERROL – ORTIGUEIRA ________ 15 h

Horarios DESDE ORTIGUEIRA
Domingo 15 xullo
ORTIGUEIRA – LUGO ___________11 h
ORTIGUEIRA – SANTIAGO ______ 11 h
ORTIGUEIRA – A CORUÑA ______11 h
ORTIGUEIRA – FERROL _________11 h

teléfonos de interese

  • Guardia civil 062
  • Emerxencias 112
  • Policia Local 696.44.68.63 / 64
  • Concello de Ortigueira 981400000
  • Turismo peirao 981.42.20.89
  • Turismo estrada xeral 981.97.41.03
  • Renfe ferrol 981.37.05.29
  • Arriva 981.31.12.13

 

Outras recomendacións.

-Toda a zona de descanso e acampada esta situada nunha zona protexida con alto valor ecolóxico que debemos protexer entre todos.

Por esa razón, e moi importante

  • EVITAR PISAR AS DUNAS
  • UTILIZAR AS PAPELEIRAS E CONTENEDORES.
  • NON FACER LUME.
  • NON ACAMPAR NO AREAL E NO PIÑEIRAL.
  • NON MALGASTAR A AUGA.
  • DEIXA NA CASA OS ANIMAIS DOMÉSTICOS.
  • RESPECTA A NATUREZA.
  • COIDA O TEU ENTORNO PARA TER UN FESTIVAL INESQUECIBLE.