Quizais este nome non sona demasiado aos non afeccionados ao folk, pero desde que se uniron seus compoñentes no Celtic Connections do 2015, causaron un gran impacto pola súa calidade.

Non se ven xuntos demasiado por seus múltiples compromisos persoais pero o Festival de Ortigueira é o elixido para seu único concerto en España. Poucos concertos haberá despois en Irlanda ou por Europa.

Falamos de Usher´s Island : a unión de cinco dos nomes máis influentes e recoñecidos na música tradicional irlandesa dos últimos 50 anos, fundadores e membros das bandas máis emblemáticas desde o principio dos anos 60 do século pasado.

Andy Irvine: fundador e membro de Planxty, Patrick Street, Mozaik.

Donal Lunny: membro que foi de Planxty, The Bothy Band, Mozaik, entre outras.

Paddy Glackin, membro de The Bothy Band,

Mike McGoldrick membro de Lunasa, Capercaillie , entre outros

John Doyle de Solas.

Cada un, por suposto, son solistas de talento por propio dereito, pero nesta nova banda ofrecen unha mestura de vellas e novas melodías con seus talentos vocais e instrumentais.

No seu concerto estarán instrumentos como a uilleann pipe (gaita irlandesa), frautas, whistle, mandolinas, bouzukis, harmónicas, violíns, guitarras, e outros de música tradicional.

Estarán en Ortigueira o venres 14 de xullo de 2017. Apunta a data.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…