Reunido o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas como candidatos a finalistas, e a súa relación coa música propia do festival, en sintonía coa programación artística do evento, procedeuse a selección das bandas que se clasifican para a segunda fase, dando inicio ás votacións online, desde hoxe 22 de xuño, ata as 14:00 h do mércores o 8 de xullo.
Os finalistas determinaranse por un sistema de cinco votos. Un voto sairá da votación popular realizada na seguinte ligazón https://festivaldeortigueira.com/runas e os outros catro votos procederán dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e profesionais do sector seleccionados polo concello. As 10 bandas seleccionadas son as seguintes:
AIROA – Galicia
ASOCIACIÓN FAÍSCAS DA PONTRAGA – Galicia
TAVERNA – Brasil
DEIRA – Asturias
ERISKA – Escocia
HOLIDAY CLUB – Escocia
MAELOC – Castilla la Mancha
TRIBU CENDRA – Madrid
TRISKEL FUSIÓN CELTA – Arxentina
WOODEN LEGS – Italia
Grazas a tod@s por participar!