Na edición do 2000, o Festival Ortigueira deu o primeiro paso para lanzar unha estratexia de promoción de grupos noveis. Entón e agora, a mellor banda asegurábase a súa presencia na seguinte edición, compartindo táboas cos cabezas de cartel do Escenario principal. Máis dunha década despois, o Proxecto Runas mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño teña evolucionado nas súas formas.
Descargas:
- Bases do Proxecto Runas 2018.
- Relacion de admitidos e de seleccionados 2018.
- Extracto Finalistas Runas 2018.
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de bandas para o Proxecto Runas 2018, recibíronse 19 bandas, de diversos países e comunidades autónomas, na relación adxunta.
Reunido o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas, e súa relación coa música propia do festival, en sintonía coa música habitual que se programa, procedeuse a selección das bandas que se clasifican para a segunda fase, dando inicio as votacións online, e que son as seguintes: