Leni Pérez & SeKadra é o encontro entre a voz e a pandeireta dunha das grandes referentes da música tradicional galega e a visión contemporánea do dúo formado por Arturo Rúa e Paulo Silva. O proxecto constrúe unha ponte sonora entre a música de raíz galega e linguaxes actuais como o jazz, a música brasileira ou a improvisación contemporánea.
A través dunha proposta elegante e innovadora, o trío combina tradición oral, investigación e creación artística, xerando un diálogo orgánico entre a memoria musical de Galicia e novas sonoridades. O seu repertorio bebe das recolleitas e do traballo de campo desenvolvido por Leni Pérez ao longo de décadas, reinterpretado desde a sensibilidade e a liberdade creativa de SeKadra.
En 2026 presentan Xa non ten ferriñas, un traballo que redefine os límites da música de raíz e reafirma a capacidade da tradición para dialogar co presente.
Anos participación
Festival:
- 2026
Runas:
- 2026