Header Image

JDC

Madrid

JDC é o proxecto musical de Jesús del Castillo, gaiteiro e multiinstrumentista madrileño especializado na fusión da música celta coa electrónica contemporánea. Formado na tradición galega desde a infancia, desenvolveu unha proposta innovadora que combina instrumentos tradicionais como a gaita galega, a gaita escocesa ou a uilleann pipe con novas tecnoloxías e paisaxes sonoras electrónicas.

Recoñecido polo seu traballo pioneiro coa gaita electrónica, JDC construíu un estilo propio que conecta a herdanza musical atlántica coas sensibilidades actuais. Gañador do certame Runas en 2022, actuou en festivais de referencia e consolidouse como unha das propostas máis orixinais da nova escena celta, destacando tanto pola calidade das súas composicións como pola enerxía dos seus directos. Volve ao Festival cunha proposta renovada como un dos tres finalistas do Concurso Runas 2026.

Dossier

Anos participación
Festival:
  • 2022
  • 2023
  • 2026
Runas:
  • 2017
  • 2022
  • 2026