Aérokorda é un trío belga de neofolk fundado en 2016, cunha proposta musical baseada na fusión de tradicións europeas, con influencias celtas, especialmente irlandesas, eslavas e clásicas. Está integrado por Pavel Souvandjiev (violín e voz), Adriaan Van Wonterghem (guitarra e voz) e Davy Cautaerts (whistles, mandolina e voz). O grupo constrúe un universo sonoro rico en matices, no que as melodías tradicionais se entrelazan con composicións orixinais.
Gañadores de certames internacionais como Folkarria (España) e o Mauro Burnelli (Italia), construíron unha sólida traxectoria dentro do circuíto europeo, destacando especialmente pola calidade das súas composicións e pola forza do seu directo.
Contan con dous traballos discográficos publicados, Hush the Wolves (2017) e Ashes Fell (2021), que reflicten a evolución do seu son e da súa proposta artística.
Anos participación
Festival:
- 2026
Runas:
- 2026