O concerto de Óscar Fernández e Manu Fraguela pasa ao sábado 16 no Teatro de Beneficencia en lugar do venres na Igrexa.
Óscar Fernández & Manu Fraguela, tras se coñecer na Escola de Zanfonas do Padroado da Cultura de Narón como profesor e alumna, deciden unirse para preparar un repertorio para dúo de zanfonas con dúas zanfonas xemelgas. O dúo ofreceranos, dentro do ciclo #FestivalNoTeatro, música instrumental adaptada e novas composicións para zanfona, inspiradas na tradición galega, castelá, macedonia e búlgara.