Sen dúbida, a gran revelación da pasada edición. A banda nipona Harmonica Creams, ganadora do proxecto Runas 2012, presentarase na súa volta ao Estrella Galicia con novo disco baixo o brazo ‘In + Out=Sea’, o segundo tras “Analyse de toucher”.
O cuarteto, liderado por Yoshito Kiyono, ofrece unha fusión única de música celta e bues. O son da armónica é a base da súa música. O conxunto de armónica, violín irlandés, guitarra rítmica, e os tambores irlandeses tradicionais ‘bodhran’ únense para formar unha paisaxe sonora rica e variada.
Procedencia: Japón (2009)
Integrantes: Yoshito Kiyono, harmónica; Aiko Obuchi, violín irlandés; Koji Nagao, guitarra; Toshi Bodhran, bodhran.
Que fan? Cuarteto que presenta unha vibrante e enérxica mestura entre músicas celticas e blues. O xénero musical do grupo vén dado polo son bruto da harmónica. Así mesmo, as frases improvisadas, incluíndo cantos e susurros, vinculan a dinámica musical celtica e o ritmo do blues. A banda, liderada por Yoshito Kiyono, publicou en 2011 o álbum “Analyse de toucher”.
- Máis Información: Web oficial
Anos participación
Festival:
- 2013
- 2017
Runas:
- 2012