Header Image

Banda Crebinsky

Defínese como unha “pequena orquesta popular xurdida dun universo imaxinario”, o da película da que toma o nome, e hai quen a compara en moitos aspectos con Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra. Na Banda conflúen músicos chegados do folk, o jazz, o rock, o klezmer e a música clásica ou experimental. Así, estes músicos acaban compoñendo un crisol variado de sons, aderezados con letras en galego, ruso, castelán, francés e italiano.

Son oito intérpretes en total comandados polo compositor Pablo Pérez e pola voz do bielorruso Vadim Yukhnevich.A súa música está dispoñible tamén no DVD do filme dirixido por Enrique Otero, que se presentou en 2010 no Festival Ortigueira. A finais de 2012, a formación sacou novo disco “Jet Lag”, no que opta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilo, tempos, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Anos participación
Festival:
  • 2013