O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista, que reinterpretan música popular galega. O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares do país, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos.
A filosofía dos “Caramuxos”, que adiantarán en Ortigueira temas do que será o seu segundo álbum, resúmese nunha interpretación “con gusto” e sen maior pretensión que gozar da música.

- Máis Información: Páxina oficial en Facebook
Anos participación
Runas:
- 2014