O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame.

Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do Concurso Runas decidiu, de maneira excepcional, outorgar o primeiro premio a dous grupos debido á alta calidade das súas actuacións.

Alana e Buíoch destacaron polo seu virtuosismo musical, creatividade e capacidade para conectar co público, o que fixo practicamente imposible decantarse por un único gañador.

Alana, que na fase previa do concurso xa conquistara ao público na votación en liña, subiu ao Escenario Estrela Galicia un repertorio que mestura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. O trío galego, formado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro, conectou desde as primeiras cancións cos asistentes á Alameda, no que foi un dos concertos con máis éxito da noite.

Buíoch, formado por Dale Mckay, Ruaidhrí Tierney, Kurt Dinneen Carroll y David Harte, é un grupo de música tradicional irlandesa que compón arranxos e as súas propias melodías. O cuarteto, orixinario das Midlands de Irlanda, encheu o Escenario Estrella Galicia cun son tradicional pero progresivo nunha impecable actuación que cativou ao público e ao xurado pola súa orixinalidade e enerxía.

Picarós, que tamén competiu nesta rifada final, ofreceu unha sobresaliente actuación que demostrou o seu gran talento e dedicación. Aínda que non lograron o primeiro premio, o trío mantivo o alto nivel ao que nos teñen afeitos nos últimos anos os grupos procedentes do panorama folk asturiano.

O xurado, que quere felicitar aos tres grupos polo seu nivel e profesionalidade, estivo integrado por Alberto Balboa (director do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira), Bruno Lozano (presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira) e Segundo Grandío (produtor musical).

O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. O certame mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño evolucionou nas súas formas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…