O 31 Festival Internacional do Mundo Celta celebrarase do 16 ao 19 de xullo cun cartel que aúna tradición e novos aires no mundo do folk. Un ano máis, o Festival convertirá Ortigueira no centro do mundo celta amosando, como en cada edición, por que foi nomeado Festa de Interese Turístico Internacional.
“Trátase de moito máis que un festival de música e a súa influencia repercute directamente na vida e a economía de toda a comarca sendo un claro propulsor do turismo e a hostalería, amén de ser un escaparate mundial de incalculable valor chegando a mover a máis de 100.000 persoas nas súas últimas edicións” salientou D. Juan Vicente Penabad, Alcalde de Ortigueira. A Delegada Territoral da Xunta de Galicia, Mª Belén do Campo destacou tamén a importancia do Festival xa que “fomenta o arraigo da nosa cultura e é un propulsor excepcional para o folk galego”.
Como marca a tradición, o festival contará con grandes artistas do folk internacional que compartirán escenario cas novas promesas que competirán por alzarse co galardón Runas 2015.
Nesta 31 edición contarase con artistas da talla de Budiño, Cristina Pato, Sharon Shannon, Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project ou Capercaillie.
Así mesmo, realizarase o tradicional desfile de Bandas de Gaitas que contará con algúns dos maiores expoñentes a nivel mundial como os franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras.
A edición do ano 2000 trouxo consigo o “Proxecto Runas”, un certame para promocionar e lanzar a novos artistas emerxentes do folk. Nesta edición, 5 serán as bandas que loiten por facerse co cobizado premio: Ser parte do cartel do Festival na edición do vindeiro ano 2016 e un premio económico de 3.000€
Os finalistas terán a oportunidade de demostrar ante un xurado experto e o público do festival de todo o que son capaces tocando en directo.

O festival completa a súa oferta inmellorable de música nun contorno idílico co seu tradicional mercado de artesanía. Con postos ambulantes e casetas que farán as delicias dos amantes dos produtos feitos a man.

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…