Header Image

Alan Stivell

O creador do rock celta regresa ao Festival. Stivell, outro dos mitos da música celta, celebrou en 2003 nada menos que medio século de carreira, dende que aos nove anos o seu pai lle puxera nas mans unha recreación da “arpa bretona”, perdida na Idade Media. Foi o primeiro en tocala en catro séculos. Cocheveleu -como se apelida realmente- foi ademais pioneiro á hora de fusionar a música tradicional bretoa co rock. Unha vintena de discos marcan a súa dilatada traxectoria que celebrou o ano pasado cunha xira internacional.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 1986
  • 2004