Kerlenn Pondi é unha asociación cultural que conta a día de hoxe con máis de 350 membros. Actualmente o bagad (aproximadamente 40 músicos) e o círculo (aproximadamente 30 bailaríns) participan con asiduidade en concursos organizados pola federación B.A. S.e Kendalc´ h. Son o escaparate das actividades culturais de Kerlenn Pondi e presentan espectáculos construídos “ad hoc” para os devanditos concursos.
Xiraron por varios países estes últimos anos (China, Nepal, Portugal, Italia, Polonia, Illa de Man), exercendo deste xeito como embaixadores culturais de Pontivy e da Bretaña Francesa. Desde hai algúns anos, o foco está posto sobre a formación. O Bagadig e o Círculo Celta de nenos permiten aos mozos realizar representacións ante público real ao mesmo tempo que se forman.
Desde 2008, Kerlenn Pondi asociouse no grupo Ampouailh para crear unha fórmula remarcada, tanto nas “fest- noz” (festas bretoas de canto e baile tradicionais á tardiña, declaradas Patrimonio inmaterial da humanidade pola UNESCO) como en concerto, baseada nun repertorio dinámico de danzas.
No marco do festival Bombardeas e Compañía a Klegereg, KP e Safar construíron unha creación en 2009. 2011 é o ano do reencontro humano e musical entre o taarab e o bagad.
Anos participación
Festival:
- 2019