É o proxecto revelación de folktrónica non só en España, senón no mundo. A súa mestura de ritmos tradicionaiss galegos e electrónica contemporánea, facendo unha sorte de found footage no que resignifica os códigos da música tradicional galega a través dunha mirada absolutamente actual pero tamén futurista, levouno a dar case 90 conciertos en pouco máis dun ano.
Pasou por gran parte dos festivais españois máis importantes, por países como Marruecos, o Reino Unido, Italia ou Portugal; e esgotando localidades en espazos icónicos como o madrileño Teatro Lara, e enfrontándose ante algúns dos aforos máis importantes do circuito de música en directo en España.
En directo, leva un formato moi singular. O propio artista utiliza diferentes máquinas (secuenciador, sintetizador, etc.) e mestúraas con instrumentos tradicionais galegos (diferentes frautas, cunchas, ocarinas…). Ademais, vai acompañado en directo dun dos videoartistas novos máis prestixiosos de Galicia: Adrián Canoura, que proxecta en multipantalla e incluso utiliza sintetizadores de imaxe e cámaras coas que grava en directo e intervén a proxección. En España, ademais, ten tamén un ‘formato banda’, no que ademais do antes mencionado, súmanselle o prestixioso percusionista galego Xosé Lois Romero e as irmás pandereteiras/cantareiras Andrea e Alejandra Montero, que o acompañan cantando e bailando en directo.
Anos participación
Festival:
- 2022